E o pesado soño da conciencia diaria
Sacudiráste de enriba, con tristeza e con amor.
Vl. Solovev
Presíntote. Os anos pasan sen deterse,
Sempre na mesma aparencia presíntote.
Todo o horizonte fica en chamas, insoportablemente brillante,
E en silencio agardo, con tristeza e con amor.
Todo o horizonte fica en lapas; e se achega a aparición,
Mais teño medo: Ti cambiarás de aspecto,
E espertarás a sospeita impertinente
Ao cambiar por completo os teus trazos correntes..
Oh, que baixo e triste caio
Sen superar os soños mortais!
Que brillante está o horizonte! Que próximo o resplandor.
Mais teño medo: Ti cambiarás de aspecto.
И тяжкий сон житейского сознанья
Ты отряхнешь, тоскуя и любя.
Вл. Соловьев
Предчувствую Тебя. Года проходят мимо —
Всё в облике одном предчувствую Тебя.
Весь горизонт в огне — и ясен нестерпимо,
И молча жду, — тоскуя и любя.
Весь горизонт в огне, и близко появленье,
Но страшно мне: изменишь облик Ты,
И дерзкое возбудишь подозренье,
Сменив в конце привычные черты.
О, как паду — и горестно, и низко,
Не одолев смертельные мечты!
Как ясен горизонт! И лучезарность близко.
Но страшно мне: изменишь облик Ты.
«E o pesado soño da conciencia diaria / Sacudiráste de enriba, con tristeza e con amor. / Vl. Solovev Presíntote. Os anos pasan sen deterse, / Sempre na mesma aparencia presíntote. Todo o horizonte fica en chamas, insoportablemente brillante, / E en silencio agardo, con tristeza e con a...»
«Entro en templos sombríos, / Celebro un oficio pobre. / Agardo alí á Dama Belida / Entre o escintileo des vermellas lampadiñas. Entre sombras, onda unha columna alta / Tremo co renxer da porta. / E mirame á cara, iluminada, / Apenas a súa imaxe, o soño d’Ela. Oh, que familiare...»
«Cantaba unha moza no coro da igrexa / Sobre todos os fatigados en terras alleas, / Sobre todos os barcos que partiron á mar, / Sobre todos os que esqueceron a súa alegría. Tal cantaba a súa voz, que voaba ata a cúpula, / E un raio brillaba sobre os seus ombros brancos, / E todos os d...»
«Conforme avanza a noite, sobre os restaurantes / Tórnase salvaxe e opaco o aire quente, / E domina por riba dos berros ebrios / O espíritu primaveral pestilente. Ao lonxe sobre o po dunha calella, / Sobre o fastío das dachas campestres, / Apenas se doura unha rosca na tafona, / E se ...»